fbpx
Lugar da suposta tumba de Ulf, o Galego, en Dinamarca / National Geographic

Un arqueólogo danés asegura ter atopado a tumba de Ulf, o viquingo que arrasou Galicia

Tempo de lectura: 2 min.

Ulv Galiciefarer ou Ulf, o galego (tamén coñecido como Galicieulv ‘o lobo de Galicia’, ou Jarl Galizur-Ulfric), foi un jarl dinamarqués, un xefe viquingo famoso polos seus ataques, saqueos e pillaxes en Galicia durante o século XI, entre 1028 ou 1048, durante o reinado de Bermudo III  (1028-1037) ou de Fernado I  (1037-1065).

E os restos dese viquingo que aterrorizou aos galegos parece ser que foron atopados. Así o cre o arqueólogo danés, Bjarne Henning Nielsen, que considera que os achados realizados no interior dunha tumba viquinga, entre eles unha espada e os aparellos dun cabalo, casan perfectamente con este líder normando.

Bjarne Henning Nielsen, conservador do Museo Vesthimmerlands, en Iutlandia Setentrional, está convencido de que localizou os seus restos.”A tumba formaba parte, con toda probabilidade, duns terreos que Valdemar o Grande herdou do seu pai, quen á súa vez os herdou dos seus antepasados, incluído Ulf o Galego”, explica Henning Nielsen a National Geographic. “Sei que todo isto é moi complicado, pero creo que teño razón”, asevera.

Anaco de espada atopada na suposta tumba de Ulf, o galego / National Geographic

E é que Ulf era de familia nobre, pois foi o bisavó de Valdemar o Grande, o rei de Dinamarca entre 1157 e 1182. A tumba pertence sen dúbida a un guerreiro viquingo, pois en 1951 escavouse por primeira vez debido a unhas obras nunha estrada e atopáronse varios obxectos: unha espada, dous estribos de cobre para cabalgar, outros aparellos para montar dacabalo e incrustacións de prata.

Data posterior ao ano 1.000

A escavación realizouse de forma precipitada e a tumba cubriuse de novo con terra ata que foi redescubierta anos despois polo Museo Vesthimmerlands. Entón realizáronse novos achados, entre eles 24 tumbas máis, a maior parte opulentas e tamén pertencentes á era viquinga.

“Descubrimos que o guerreiro viquingo foi enterrado nunha estrutura funeraria feita de madeira, xunto coa súa espada, as seus estribos, espuelas, aparello e algúns ósos procedentes das patas dianteiras dun leitón. Na base da tumba tamén se descubriu unha peza da espada, con restos da vaina, duns dez centímetros de longo, o que significa que a arma era máis longa do que se cría”, comenta o arqueólogo.

“A cámara funeraria probablemente quedou oculta tempo despois baixo un túmulo e logo foi nivelada, construíndose unha especie de capela: o defunto viquingo primeiro foi enterrado baixo un rito non cristián, pero iso foi rectificado posteriormente. Doutra banda, a estrutura de madeira e unha inscrición parcial na espada indican unha data algo posterior ao ano 1000″, conclúe.

 

Fonte: National Geograpihc

Pode que che interese...